lunes, 12 de mayo de 2008

A ISABEL dende a Casa Vella de Cacheiró (ERMILLE)



Benquerida Isabel:
Cando me embarquei, xunto con Jordi e Ramón, nesta para min nova aventura, non podía pensar que me ía traer tanta dita.
A túa chegada ao proxecto foi un cúmulo de feitos que penso que xa estaban escritos nalgún lugar que non me atrevo nin a mentar.
Contigo non chegou soamente a calidade dunha extraordinaria actriz, chegou todo o mellor que nos puido pasar. O teu ben facer, a túa sinxeleza, non son nada se os comparamos co teu permanente sorriso. Transmitiches en todo momento un estado de felicidade que se fixo contaxioso dende o primeiro momento. É por todo o dito que quero agradecerche dun xeito moi especial esa vida leda que trouxeches por uns días ao noso recuncho de A Baixa Limia e ás nosas vidas.
Dende aquí, a miña familia e máis eu, desexamos expresarte dunha forma pública o noso agradecemento pola túa presenza no noso lar. Queremos que saibas que aquí en Ermille non tes soamente unha casa, tes sobre todo unha familia que te quere.

Todo o mellor para ti.

Arsenio

No hay comentarios: